Xa temos postas algunhas datas para realizar percursos polo monte. O primeiro será o vindeiro domingo día 2 de outubro polo Sistelo, en Arcos de Valdevez (Portugal).
O seguinte está previsto para os días 21, 22 e 23 de outubro e será no Courel (Lugo).
Plan da excursión:
Aloxamento no Acampamento de O Courel, en Esperante, en bungalow. Podedes ver instalacións, tarifas e condicións AQUÍ
Outra posibilidade é no albergue en Folgoso, que é a cabeza de municipio. Pensamos que pode saír bastante máis barato que o camping, pero habería que reservar pronto. As habitacións mínimas son de 10 persoas. A información sobre o albergue, pódese consultar AQUI.
Sairíamos o venres pola tarde, con intención de facer unha excursión a pe, ben á devesa de Rogueira, ou ben un roteiro entre Vilamor e Froxan, o sábado. O Domingo podemos facer unha excursión en coche, visitando as aldeas de Ferramulín, Visuña, a Fervenza de vieiros e Seara.
A Serra do Courel, no límite entre as provincias de Lugo e Ourense, ofrece no outono as súas mellores paisaxes. Por esa razón, non é fácil atopar aloxamento durante os meses de outubro e novembro. Se queremos ir, polo tanto, teremos que facer canto antes as reservas.
Chegado o momento informaremos da hora e lugar de encontro.
Todas as persoas interesadas, anotaivos no correo do Colectivo (ver no perfil) antes do día 21 se este mes, indicando o nº de persoas que iríades e deixai teléfono de contacto.
Para próximas actividades, informaremos no seu momento.
Ánimo e a anotarse!!.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário