Xa temos postas algunhas datas para realizar percursos polo monte. O primeiro será o vindeiro domingo día 2 de outubro polo Sistelo, en Arcos de Valdevez (Portugal).
O seguinte está previsto para os días 21, 22 e 23 de outubro e será no Courel (Lugo).
Plan da excursión:
Aloxamento no Acampamento de O Courel, en Esperante, en bungalow. Podedes ver instalacións, tarifas e condicións AQUÍ
Outra posibilidade é no albergue en Folgoso, que é a cabeza de municipio. Pensamos que pode saír bastante máis barato que o camping, pero habería que reservar pronto. As habitacións mínimas son de 10 persoas. A información sobre o albergue, pódese consultar AQUI.
Sairíamos o venres pola tarde, con intención de facer unha excursión a pe, ben á devesa de Rogueira, ou ben un roteiro entre Vilamor e Froxan, o sábado. O Domingo podemos facer unha excursión en coche, visitando as aldeas de Ferramulín, Visuña, a Fervenza de vieiros e Seara.
A Serra do Courel, no límite entre as provincias de Lugo e Ourense, ofrece no outono as súas mellores paisaxes. Por esa razón, non é fácil atopar aloxamento durante os meses de outubro e novembro. Se queremos ir, polo tanto, teremos que facer canto antes as reservas.
Chegado o momento informaremos da hora e lugar de encontro.
Todas as persoas interesadas, anotaivos no correo do Colectivo (ver no perfil) antes do día 21 se este mes, indicando o nº de persoas que iríades e deixai teléfono de contacto.
Para próximas actividades, informaremos no seu momento.
Ánimo e a anotarse!!.
segunda-feira, 19 de setembro de 2011
En outubro, retomamos as clases de baile tradicional
Todos e todas os que esteades interesadas e interesados en aprender baile tradicional galego, apuntádevos enviando unha mensaxe ao correo eléctrónico do Colectivo e deixando o voso número de teléfono. As clases serán impartidas de novo por Charo. Apuntádevos!!
domingo, 23 de janeiro de 2011
Percurso polo Corno do Bico en Paredes de Coura
Na reunión do Colectivo do pasado xoves, vendo o bo tempo que facía, despois de tanta chuvia, acordamos sair ao monte. O destino escollido, o Corno do Bico en Paredes de Coura.
Deixamos unha pequena reportaxe de imaxes que tiramos durante a camiñata. Tamén podes velas na seguinte presentación.
Deixamos unha pequena reportaxe de imaxes que tiramos durante a camiñata. Tamén podes velas na seguinte presentación.
Assinar:
Postagens (Atom)