Páxinas

sexta-feira, 4 de junho de 2010

Charla de Carlos Taibo "En defensa do decrecemento económico"

O Colectivo Carballas organizamos unha nova charla, dentro do Ciclo de Conferencias que se ven desenvolvendo, na que se falará do Decrecemento Económico, impartida por Carlos Taibo. Será o vindeiro luns día 14 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social Polivalente do Rosal.

CARLOS TAIBO é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É autor de vinte libros e varias monografías, que tratan na súa meirande parte sobre as transicións na Europa do leste e sobre temas xeopolíticos de interese xeral.

Nos últimos anos os seus escritos tratan da globalización e do crecemento económico, procesos aos que critica duramente, por consideralos contrarios aos conceptos de progreso e benestar.

Nas súas propias palabras:
O crecemento económico non xera –ou non xera necesariamente– cohesión social. [...] Xera agresións ambientais que en moitos casos son, literalmente irreversibles. [...] Provoca o esgotamento dos recursos [...] e facilita o asentamento do que máis de un ten chamado “modo de vida escravo”, que nos fai pensar que seremos máis felices cantas máis horas traballemos, máis cartos gañemos e, sobre todo, máis bens acertemos a consumir.

Contamos coa vosa presenza!!

Um comentário: