Coidamos que, ademais de ser unha conferencia moi interesante, tamén foi un grande éxito de público, como se pode ver nas imaxes, cunha asistencia que superou as oitenta persoas.
Ver a Reportaxe fotográfica.
O Colectivo Carballas organizamos unha nova charla, dentro do Ciclo de Conferencias que se ven desenvolvendo, na que se falará do Decrecemento Económico, impartida por Carlos Taibo. Será o vindeiro luns día 14 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social Polivalente do Rosal.O crecemento económico non xera –ou non xera necesariamente– cohesión social. [...] Xera agresións ambientais que en moitos casos son, literalmente irreversibles. [...] Provoca o esgotamento dos recursos [...] e facilita o asentamento do que máis de un ten chamado “modo de vida escravo”, que nos fai pensar que seremos máis felices cantas máis horas traballemos, máis cartos gañemos e, sobre todo, máis bens acertemos a consumir.