
terça-feira, 9 de novembro de 2010
terça-feira, 5 de outubro de 2010
Comezan as clases de baile tradicional
Hai límite de alumnos/as para que as clases podan darse comodamente. O grupo formarase priorizando os socios/as e por orde de inscrición. O prezo será de 10 euros mensuais.
As clases serán no local de oficios da Mata, ás 20 horas, os sábados seguintes: 9 e 23 de outubro, 6 e 20 de novembro e 4 e18 de decembro. Informaremos das datas dos outros trimestres máis adiante.
Un saúdo
quinta-feira, 24 de junho de 2010
Reportaxe fotográfica da Charla de Carlos Taibo
Coidamos que, ademais de ser unha conferencia moi interesante, tamén foi un grande éxito de público, como se pode ver nas imaxes, cunha asistencia que superou as oitenta persoas.
Ver a Reportaxe fotográfica.
sexta-feira, 4 de junho de 2010
Charla de Carlos Taibo "En defensa do decrecemento económico"

CARLOS TAIBO é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É autor de vinte libros e varias monografías, que tratan na súa meirande parte sobre as transicións na Europa do leste e sobre temas xeopolíticos de interese xeral.
Nos últimos anos os seus escritos tratan da globalización e do crecemento económico, procesos aos que critica duramente, por consideralos contrarios aos conceptos de progreso e benestar.
Nas súas propias palabras:
O crecemento económico non xera –ou non xera necesariamente– cohesión social. [...] Xera agresións ambientais que en moitos casos son, literalmente irreversibles. [...] Provoca o esgotamento dos recursos [...] e facilita o asentamento do que máis de un ten chamado “modo de vida escravo”, que nos fai pensar que seremos máis felices cantas máis horas traballemos, máis cartos gañemos e, sobre todo, máis bens acertemos a consumir.
Contamos coa vosa presenza!!
Assinar:
Postagens (Atom)